O grupo municipal socialista sinala que o propio alcalde “recoñeceu a ilegalidade” das modificacións orzamentarias que pretendía aprobar de xeito urxente no pleno extraordinario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As modificacións de crédito non contan con informes de intervención”, puxo de relieve a edil do PSdeG María Fernández ao remate da sesión que tivo lugar esta maña, logo de convocarse onte ao mediodía

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estas modificacións de crédito partían dunha inicial, a 19P do servizo de Infraestruturas, e por motivos que descoñecemos foi dividida en tres”, engadiu

Ourense, 28 de novembro de 2023O grupo municipal socialista votou en contra da ratificación da urxencia do pleno extraordinario convocado para esta mañá, onte ao mediodía, ao comprobar unha vez máis o proceder errático do Goberno de Jácome no que atinxe aos procedementos administrativos. “As modificacións de crédito non contan con informes de intervención”, puxo de relieve a edil do PSdeG María Fernández ao remate da sesión.

“Estas modificacións de crédito partían dunha inicial, a 19P do servizo de Infraestruturas, e por motivos que descoñecemos foi dividida en tres: unha para plan de choque con 3,5 millóns de euros, que se atopa adxudicado sen crédito o que supón unha profunda irregularidade administrativa da que pediremos explicacións; e outra na que se tenta habilitar crédito para o pago de obras, aínda que os informes do técnico de xestión económica indican que estas obras xa contaban con crédito para ser pagadas”, afirmou a concelleira socialista.

Tampocuco podían afianzar a votación en pleno das dúas modificacións orzamentarias ao facilitarse un informe pertencente á xa mencionada 19P. “O propio alcalde recoñeceu a ilegalidade das actuacións que, obviamente, non poden ser avaladas pola oposición ou os técnicos municipais”, rematou Fernández.