O concello anuncia a programación cultural para as datas de Nadal

O concello do Carballiño anunciou hoxe a programación para as vindeiras datas festivas de Nadal. O alumeado de Nadal quedará inaugurado a primeira semana de decembro, o día 5. Tamén haberá concurso de decoración de Nadal de escaparates.

Nas vindeiras semanas teremos concerto de Nadal, maxia e por vez primeira con eventos culturais como o FETEGA e as XOCIVIGAS, que pasarán a celebrarse neste mes de decembro. Tamén, como cada ano, as actuacións de Nadal das escolas municipais e do conservatorio. O Coro de Cámara Música Viva ofrecerá o concerto de Ano Novo.

AVANTAR ACTIVIDADES

A gran cabalgata de Reis será de novo o prato forte desta programación. Comezaremos o ano con panxoliñas e música e tamén os colectivos do Carballiño serán os grandes protagonistas destas datas.