O Grupo Municipal socialista de Ourense solicita acceso á prórroga reclamada polo concello ao respecto do Pepou

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O GRUPO MUNICIPAL SOLICITA ACCESO Á PRÓRROGA RECLAMADA POLO CONCELLO AO RESPECTO DO PEPOU E ESIXE QUE SE CONVOQUE URXENTEMENTE A COMISIÓN NA QUE SE RECOLLAN TODAS AS SENSIBILIDADES PARA O PLAN

Case dous anos sen convocar estas reunións, sen licitar a contratación da cartografía que se precisaba e sen prever a necesidade de dotar económicamente dita contratación”, indicou a portavoz, Natalia González

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pasamos da vella política urbanística do PP, que pagou con creces a zona histórica da nosa cidade, á nova política de Jácome, a do abandono total e absoluto”, lamentou a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense

Ourense, 5 de decembro de 2023. Os e as solicalistas do Concello de Ourense critican a absoluta pasividade e o desinterés do executivo local para sacar adiante o plan urbanístico especial do casco vello e a contorna das Burgas (coñecido como PEPOU), cuxo prazo de presentación remata o 31 de decembro deste ano e do que nada se sabe.

O grupo municipal vén reclamando hai meses que se leven a cabo comisións “independentes” e sen “inxerencias” de ningún tipo para que se debata o proxecto e as súas necesidades atendendo ás máximas sensibilidades posibles. “Case dous anos sen convocar estas reunións, sen licitar a contratación da cartografía que se precisaba e sen prever a necesidade de dotar económicamente dita contratación consignándoa dos cartos que requería (240.000 € aproximadamente)”, indicou a portavoz, Natalia González Benéitez.

Tamén lamentou que o alcalde da terceira cidade da Comunidade Autónoma se preocupe máis por desmantelar a oficina do PERI e “perseguir e desprezar sistemáticamente aos funcionarios e funcionarias do servizo” que de conseguir que a cidade avance en proxectos urxentes e de gran relevancia.

Neste senso, advirten de que non “permitirán que se siga optando por frivolidades e xogando co futuro urbanístico de Ourense”, nin consentirán que “Gonzalo Pérez Jácome continúe lanzando falsas promesas ou ocorrencias das que o Concello de Ourense, os técnicos municipais e a corporación teñen a última palabra”, engadiu. Os socialistas solicitan tamén a axilización por parte do goberno municipal da contratación da cartografía antes mencionada, actualmente paralizada, cuxo documento resulta imprescindible para seguir adiante co plan especial.

Deixar morrer o PEPOU implica ser intevidos pola Xunta, que sería a que asumiría as competencias urbanísticas a partires do mes de xaneiro de 2024, algo que os e as socialistas non comprenden que o rexedor acepte despois de repetir ata a saciedade que Ourense é a cenicienta de Galicia. “A resposta de Jácome foi pasar unha e outra vez do tema ata chegar a esta situación límite, na que o Concello pode quedar sen marxe de maniobra e ser intervido polo executivo autonómico”, insistiu a tamén secretaria xeral do PSdeG na cidade.

Por estes motivos, no día de hoxe, o grupo municipal socialista solicitou acceso a toda a documentación relativa á prórroga supostamente requerida á Xunta de Galicia por parte do goberno local e instou a este último á convocatoria urxente da comisión do PEPOU “para dar conta da situación crítica e tratar de poñerlle solución se non é xa demasiado tarde”, rematou a edil.

“Non imos permitir que se siga a mirar cara outro lado e xogando co futuro urbanístico. Pasamos da vella política do PP, que pagou con creces a zona histórica da nosa cidade, á nova política de Jácome, a do abandono total e absoluto. A súa irresponsabilidade non lle permite ver rédito político ou económico nisto e polo tanto pouco lle interesa o desenvolvemento urbanístico, termal e turístico, con proxectos tan trascendentais e interesantes como o vello cárcere, a antiga Casa de Baños, o Xardín das Burgas, a Casa Goretti e outros edificios emblemáticos nas súas mans”, rematou González.