Sumar Galicia comprométese a rematar coa precariedade das enfermeiras na sanidade pública galega

O portavoz  de Sumar Galicia, Paulo Carlos López reuniuse na mañá deste xoves con representantes  das  Enfermeiras Eventuais en Loita.  Estivo acompañado  do exalcalde de Ferrol, Jorge Suárez e doutros membros da comisión promotora  da formación. Un encontro enmarcado no proceso de escoita que a formación está levando a cabo por todo o país co obxectivo  “de goberna  Galicia” e “rematar coas  políticas  de  recortes  e  precariedade   que  representa  o  PP  de  Feijóo  e Rueda”.

Sumar Galicia  mantivo na mañá  deste  xoves  un encontro  co  colectivo  de  Enfermeiras  Eventuais en Loita,  que enmarca dentro do seu proceso de escoita de cara ás próximas eleccións galegas. O portavoz   da  formación,   Paulo  Carlos  López,  destacou  “o orgullo   de  estar  coas Enfermeiras Eventuais en Loita,  un colectivo que vén poñendo  o foco dende hai anos nun dos puntos máis febles do nosos sistema sanitario, como é a enorme precariedade na que viven máis do 50% do persoal de enfermería”.

AVANTAR ACTIVIDADES

López  subliñou  que  se  trata  dun  persoal  feminizado,   “composto  na  súa  inmensa maioría  por  mulleres  ás  que  se  lle  negan  os  dereitos  laborais  máis  básicos,  sen posibilidade de conciliación de ningún tipo”. O portavoz  comprometeuse a incorporar as súas demandas ao programa  electoral de Sumar Galicia,  cumprindo así a vontade da  formación  de presentar  á sociedade  galega  un proxecto  de país participativo  e pensado para mellorar a vida das galegas e galegos.

As enfermeiras eventuais son maiormente mulleres que poden chegar a asinar “máis de

300  contratos en cinco anos”, algo incomprensible a ollos do portavoz  da formación, pois “sen elas o noso sistema de saúde non podería funcionar, algo que o señor Rueda e o señor Comesaña non queren entender”. As enfermeiras eventuais representan, para Sumar Galicia,  “a dignidade  da Sanidade Pública”, en contraposición ás “políticas de recorte e privatización  dun señor Rueda que se atreve a mentir descaradamente cando di que Galicia  é das comunidades con menos listas de agarda”. “Isto é falso”, afirmou López,  pois  “calquera   galego  ou  galega  que  acode  a  pedir  unha  cita,  que  vai  a Urxencias ou á Atención Primaria sabe que isto non é así”.

López  denunciou “as  políticas  privatizadoras  do Partido  Popular”  que, dixo,  “non  só están a negar os dereitos destas traballadoras imprescindibles, senón que vulneran o dereito a unha boa calidade asistencial de todos os galegos e galegas”. O portavoz comprometeuse a traballar  dende a Xunta “para mudar esta realidade con políticas públicas valentes e eficaces que melloren a sanidade galega e a vida das súas traballadoras”.