Esta mañá, o concello do Carballiño acolleu a mesa de coordinación do 2023 para a atención ás vítimas de violencia de xénero do municipio. Nos últimos seis meses os casos incrementáronse dos 21 ata os 25, con maior incidencia no ámbito rural.
Estivo composta pola concelleira de Servizos Socias, Silvia Baranda; o Centro de Información para as Mulleres; Policía Local, Centro de Saúde, Orientadores dos Centros Educativos; Posto da Garda Civil, Subdelegación do Goberno e o xulgado.