Achado o corpo de Concepción Vázquez, a veciña de Arcos (O Carballiño) desaparecida desde as 16:00h da tarde do pasado sábado

Un veciño deu aviso da aparición dun corpo no río Arenteiro, entre a ponte do ferrocarril e o da N-541, ao redor das 13:30h, nunha zona do Cornuval. Desde o mesmo momento en que o veciño deu a voz de alarma, o 112 alertou ás forzas de seguridade e ao GES de Ribadavia, que se desprazou coa zodiac ata o río Arenteiro.

O corpo da desaparecida Concepción Vázquez atopábase enganchado entre unhas ramas, nun tramo de abundante vexetación e de difícil acceso o que dificultou o rescate. A muller tiña 79 anos e ao longo da semana esa mesma unidade xa se sumou á procura nesa zona