A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou a Residencia ” A Casa de Aspadisi”

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe as obras que está a realizar a entidade

A Xunta financia a construción da residencia de atención á discapacidade de Aspadisi con 655.000 €

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta asociación é unha das dez entidades de Galicia beneficiarias da orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros

O Carballiño (Ourense), 23 de decembro de 2023

A Xunta financia a construción da residencia de atención a persoas con discapacidade da entidade Aspadisi, no Carballiño, con 655.000 euros. A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as obras que está a realizar a entidade.  

Aspadisi é unha das dez entidades de Galicia que se beneficiaron da orde de axudas para a construción ou remodelación de centros para a atención a persoas maiores e con discapacidade de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros. Con este apoio económico por parte do Goberno galego, Aspadisi creará un novo centro residencial con 32 prazas. 

A directora xeral lembrou que o Goberno galego confía nas entidades sociais para mellorar a atención das persoas con discapacidade. Neste sentido, o Goberno galego acadou este ano un acordo histórico para impulsar o concerto social e blindar a atención social ás persoas con discapacidade. Un concerto social ao que o Goberno galego destinará 100 millóns de euros cada ano.