A Deputación aproba máis de 1,4 millóns de euros en axudas para executar proxectos en concellos e entidades empresariais e culturais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na derradeira convocatoria de 2023 e baixo a presidencia da vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, aprobou preto de corenta axudas a concellos e entidades empresariais e culturais por un importe superior a 1,4 millóns de euros. 

No capítulo de cooperación municipal, as achegas aprobadas están destinadas a 28 concellos e unha mancomunidade. Así, San Amaro recibirá tres subvencións con destino á reforma do centro de saúde (15.000), á recuperación do antigo campo de fútbol para espazo de usos múltiples (10.000), e para o Festival Céltico deste ano (5.827 euros). Mentres, o Concello de San Cibrao das Viñas financiará catro proxectos: unha cuberta de tipo “vela” para un parque na urbanización de Gonoba con 30.855 euros; a mellora do parque infantil de Reboredo (48.000); a pavimentación da praza Ramón María Blanco en Soutopenedo (37.500); e obras nos viarios de Rante e Madrigal (24.500 euros). 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Muíños disporá de dúas axudas: 48.000 euros para o acceso de Reparade a Cados, (estrada de lobios-OU1201) e 5.000 máis para reparar os danos ocasionados polas tormentas do pasado setembro. A Peroxa recibe outras dúas subvencións, unha de 48.000 euros para vías municipais e 30.000 para os sendeiros das ruínas do castelo. Castrelo de Miño contará cunha achega de 48.000 euros para viarios municipais, ademais de incorporar ao Plan provincial de Cooperación de 2023 un proxecto correspondente á primeira etapa da rede de abastecemento. 

Paderne de Allariz recibirá 42.000 euros para proxectos municipais; Trasmiras contará con 6.498 euros para un parque biosaudable; Vilardevós terá 40.000 para o abastecemento e saneamento en Albarello da Cota; Trives contará con 32.455 euros para un proxecto de eficiencia enerxética en Sas de Xunqueira; Padrenda investirá 48.000 euros na reconstrución de muros e mellora do acceso en San Pedro; e A Gudiña disporá de 40.000 para a cuberta da pista de Pádel. 

Vías municipais, accesos a poboacións, abastecemento e saneamento 

Unha achega de 40.000 permitirá ao Concello de Verea realizar unha obra de reforma da iluminación pública; tamén con 40.000 euros Vilar de Santos acondicionará viarios municipais; Rairiz de Veiga acometerá con 48.000 euros melloras no firme dos accesos a Barracel e Quilmelas; e Porqueira vai contar con 1.942 euros como axuda para o cofinanciamento da mellora e sinalización do carreiro das fervenzas do río Fírveda, na Rede Natura. 

Beade recibirá algo máis de 48.133 euros para saneamento; Monterrei acondicionará o pavimento na aldea modelo de Infesta con 29.789 euros; Pereiro de Aguiar destinará 40.000 para mellora da rede viaria municipal; Viana do Bolo executará melloras na Casa da Cultura cunha subvención de 46.590 euros; e Parada de Sil poderá contar con 23.596 euros para beirrarúas no núcleo de Sacardebois. 

Boborás percibirá 8.000 euros para cofinanciamento de proxectos coa Xunta de Galicia; Chandrexa de Queixa destinará 48.000 euros ao arranxo da estrada de Fitoiro a Drados e na rúa Lamas; Lobeira investirá 48.395 euros en eficiencia enerxética nas poboacións de Facós e Vilariño de Santa Cristina; Ramirás substituirá a cuberta da antiga escola de Freás de Eiras cunha achega de 138.000 euros; Cortegada mellorará a iluminación pública en Zaparín con máis de 13.627 euros; e o Concello de Esgos contará con 46.400 euros para a rede de saneamento e abastecemento no entorno da casa cuartel. A mancomunidade voluntaria de municipios de Ourense recibirá 10.000 euros para traballos medioambientais. 

Pola vía de urxencia e fóra da orde do día incluíronse tamén dúas axudas de 48.000 euros cada unha delas: o acceso ao centro de saúde de Avión e a humanización en poboacións de Baltar. 

Liceo e autoescolas 

No apartado de colaboración con entidades, a Xunta de Goberno deu o visto bo a unha achega de 107.000 euros para a mellora das instalacións do Liceo de Ourense, ademais dunha axuda de 30.000 euros á Asociación provincial de Autoescolas para a implantación da FP Dual.