A Deputación de Ourense colaborará co proxecto de mellora do campo de fútbol de Viana do Bolo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Así o ratificou esta mañá o presidente provincial, Luis Menor, tralo encontro mantido co alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos 

COMERCIAL ORCELLÓN

Ademais deste proxecto, que formará parte do Plan de Infraestruturas Deportivas que proximamente asinará a institución provincial coa Xunta de Galicia, Luis Menor comprometeuse a cooperar na creación do Centro de Día do municipio vianés  

Ourense, 3 de xaneiro de 2024.-A Deputación de Ourense colaborará este ano co proxecto de mellora do campo de fútbol de Viana do Bolo no que se instalará céspede artificial. Así o ratificou esta mañá o presidente da Deputación, Luis Menor, tralo encontro mantido no Pazo Provincial, co alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos. 

Tal e como anunciou Luis Menor, “este proxecto formará parte do Plan de Infraestruturas Deportivas que proximamente asinaremos coa Xunta de Galicia e que permitirá mellorar instalacións deportivas coma esta, tan importantes para os concellos e os clubs da nosa provincia”.  

Durante a xuntanza, o presidente provincial comprometeuse a colaborar con outro dos proxectos estratéxicos que demanda o Concello de Viana do Bolo como é a creación dun Centro de Día “para dotar deste servizo tan necesario á veciñanza”, sinalou Menor. Por último, a Deputación estudará a posibilidade de repoñer o servizo de recadación neste Concello e continuará traballando no mantemento e mellora das estradas provincias que atravesan este municipio.  

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------