Aurora Paz celebraba uns días atrás o seu cumpreanos número 100 rodeada de familia e amigos e nos estivemos acompañándoa. Pero a celebración dun día tan especial non podía quedar aí. Dende o Asilo Irmáns Prieto, onde ela reside, quixeron celebrar este día tan especial e prepararon unha sorpresa para ela. A súa directora, con palabras de cariño, destaca as boas migas que fixo con todos dende que está na residencia e o participativa que é para todo. Dende aquí mandamos os nosos mellores desexos para Aurora!
Tamén quixeron asistir a este día o alcalde e o tenente alcalde, cos mellores desexos para ela e poñendo en valor o legado que nos deixaron a xeración de maiores que agora desfruta con estas celebracións.