Ribeiro en Común denuncia a decisión do goberno local de sacar a gratuidade de 2 horas no aparcadoiro municipal de Ribadavia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Moitos usuarios queixanse da falta de información, dunha decisión que o goberno non publicitou nin informaron aos grupos municipais.

COMERCIAL ORCELLÓN

De feito, as presas levaron a adoptar esta medida sen pasar nin pola Xunta de Goberno, tal e como esixe a normativa vixente, e levando a moitos veciños a queixarse pola falta de información das autoridades locais.

A gratuidade de 2 horas no aparcadoiro municipal instaurouse na lexislatura pasada para facilitar a ordenación do tráfico en Ribadavia, historicamente moi caótico, e promover que se veña a Ribadavia a mercar, un dos problemas que sempre se reivindicou polo sector do comercio local.

Ribeiro en Común lamenta esta decisión unilateral do goberno, pola calada, e sen consensuar co sector do comercio.

O aumento de usuarios do aparcadoiro da Alameda, así como o incremento de visitantes a Ribadavia, que viron novas facilidades para estacionar os seus coches no centro de Ribadavia, ata fai pouco algo moi tedioso e difícil, foi grazas ás medidas do anterior goberno para o aparcadoiro e a creación da zona azul, ambas na rúa Progreso.

Ribeiro en Común pídelle unha rectificación ao goberno local, e que convoque a Comisión de tráfico con urxencia. O goberno local leva meses mentindo, afirmando que vai convocar unha Comisión de tráfico e sen embargo actúa desta maneira, impedindo o diálogo cos demais grupos do Concello.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------