Ribadavia será novamente sede do curso de especialización de viños de Galicia que organiza a entidade “Galicia Wine Academy”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia será sede do curso de especialización de viños de Galicia que organiza a entidade “Galicia Wine Academy”. O curso, que ten unha carga docente de 9 horas, conta con 15 prazas e celebrarase no Museo do Viño de Galicia en Santo André de Camporredondo os días 26 e 27 de xaneiro.

Neste curso os alumnos poderán percorrer as variedades, os climas e os distintos tipos de solo existentes en Galicia, catando os distintos estilos de viño que se producen na nosa terra e coñecendo a algúns dos produtores de referencia destes viños.

O curso estrutúrase en dúas sesións de 4,5 horas con 20 viños a catar:

  • Sesión 1: Introducción, Historia, Rías Baixas, Ribeiro.
  • Sesión 2: Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei e as 5 IXP´s

Este curso está pensado para as persoas que desexen profundizar nos viños de Galicia. Tanto para afeccionados que queiran coñecer mellor as diferentes variedades e estilos de viños galegos, como para profesionais que desenvolvan o seu traballo nunha adega, en hostalería ou distribución.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cada participante no curso recibirá no primeiro día un exemplar do libro “Descubriendo los vinos de Galicia”, escrito polo director da “Galicia Wine Academy”, Jorge Vila DipWset. A matrícula para o curso ten un importe de 160 euros e as reservas de praza poden facerse a través da web de Galicia Wine Academy – https://galicia.wine/curso-galicia. Ou contactando no email: info@galicia.wine ou no teléfono 986048557

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------