O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecerá unha dobre programación. Por un lado, “Migración. Un viaje patas arriba”. A familia Mallard quedou ‘atascada’. Mentres o pai Mack séntese realizado coidando da súa familia no seu estanque de Nova Inglaterra, a mamá Pam morre por vivir a vida e facer que os seus fillos descubran o mundo en toda a súa amplitude. Poderase ver o sábado e o domingo ás 16:00 horas.
Por outra banda, “Anatomía de una caída”. Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel morre en circunstancias misteriosas, a investigación non pode determinar se foi un suicidio ou un homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato, e o xuízo pon a súa tumultuosa relación e a súa personalidade ambigua no punto de mira. Poderase ver o sábado e o domingo ás 17:45 horas e ás 20:00 horas.