A plataforma en defensa da sanidade publica do Carballiño mantivo unha reunión o pasado venres co conselleiro de Sanidade en relación coa situación do servizo de pediatría. Onte pola tarde tiveron unha reunión aberta coa cidadanía para informar do que se tratou alí.
A Xunta asegurou que unha das prazas cubrirase no prazo de dous meses, unha praza por concurso de méritos. Sanidade insiste en que non será unha praza compartida coa Ponte, se non que será exclusiva, aínda que a plataforma ten dúbidas. A outra praza será sacada a concurso a finais de ano.
A plataforma amósase escéptica xa que cree que son promesas electoralistas e consideran que se está aprazando a cobertura da praza con posteegacións continuas.