O Concello de Cortegada (Ourense), a través da participación cidadá, co motivo de manter o espírito do Entroido, de crear un ambiente festivo, de contar con moita participación da cidadanía presenta o Concurso de disfraces dirixido a todos veciños e veciñas do noso Municipio
O sábado día 24 de febreiro terá lugar o Entroido, é polo que este Concello de
Cortegada (Ourense) convoca o concurso de disfraces.
1. OBXECTO
O Concello de Cortegada (Ourense) ven a convocar un “Concurso de disfraces: “O ZAMARUCO 2024” para fomentar a creación artística; así como, potenciar a participación nas festas do Entroido 2024.
Este concurso estará aberto e poderán participar tódalas persoas interesadas sen límite de idade, segundo as categorías establecidas.
2. PARTICIPANTES.
Establécense cinco categorías de participantes:
a) Individual Infantil.
Poderán participar nesta categoría todas aquelas persoas menores de 16 anos de idade, que se inscriban con anterioridade ao Desfile de Entroido.
b) Individual Adulto.
Poderán participar nesta categoría todas aquelas persoas maiores de 16 anos de idade, que se inscriban con anterioridade ao Desfile de Entroido.
c) Parella Infantil.
Poderán participar nesta categoría todas aquelas persoas que formen un conxunto de disfrace harmónico de dous menores de 16 anos de idade, que se inscriban con anterioridade ao Desfile de Entroido.
d) Parella Adulto.
Poderán participar nesta categoría todas aquelas persoas que formen un conxunto de disfrace harmónico de dous maiores de 16 anos de idade, que se inscriban con anterioridade ao Desfile de Entroido.
e) Comparsas
Poderán participar nesta categoría todos aquelas persoas que formen un conxunto harmónico de como mínimo 7 persoas que se inscriban con anterioridade. Xunto coa solicitude deberán presentar un listado nominal dos participantes con DNI e enderezo.
Os interesados en participar deberán inscribirse cumprimentando e entregando no Concello de Cortegada (Ourense) o formulario de inscrición xuntado a estas bases. Poderán presentalo de forma presencial en horario de atención ao público (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas), no teléfono da oficina número 988 48 30 01 ou a
través do correo electrónico cultura.concellocortegada@gmail.com
O prazo de inscrición rematará o mércores día 21 de febreiro ás 14:00 horas.
3. ENTIDADE ORGANIZADORA.
O Organismo encargado da valoración do concurso será o Concello de Cortegada (Ourense) a través do Departamento de Cultura onde se dirixirán aquelas posibles incidencias, comunicados etc. que se produzan durante a celebración de dito
concurso a través do correo electrónico cultura.concellocortegada@gmail.com
4. DISFRACE.
Este será de temática libre, e so poderán participar nunha das categorías establecidas.
Os criterios de valoración serán:
a) Deseño do traxe
b) Tipo de confección c) Imaxinación
d) E fundamentalmente a soltura coa que desfilen o día do concurso, a graza coa que os participantes introdúzanse no desfile e no personaxe que represente o seu disfrace.
Terase en conta que o disfrace non poderá ser ofensivo, nin ferir sensibilidades, pudendo ser eliminado do concurso polo xurado.
5. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
Poderán participar todas as persoas que asistan ao Entroido, que se celebra o día
24 de febreiro.
Os participantes deben estar no lugar asignado pola organización ás 16:00 horas para proceder a súa colocación e comezar en hora o desfile. O desfile dará comezo ás 17:00 horas.
Para optar ós premios é obrigatorio completar todo o percorrido con un 90% do número total de participantes anotados inicialmente ata a súa finalización. O percorrido será o seguinte: Comezo no Pavillón (iranse colocando nesta rúa seguindo a orde que lles proporcionará a organización).
A orde de desfile das comparsas seralle comunicado no día do desfile. Así mesmo, e co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente, o persoal de organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto de orde a calquera elemento das comparsas que se considere perigoso (animais de todo tipo, petardos, bengalas,…).
Queda prohibido o uso de petardos, esprais ou lanzamento de obxectos perigosos ao público, quedando excluídos do concurso os que incumpran este punto.
Os participantes que leven carrozas, remolques ou outro tipo de vehículos serán responsables dos mesmos e das autorizacións que se lle puidesen requirir ó seu efecto, sendo responsables á súa vez da seguridade dos mesmos. Nos camións colocar “faldóns ríxidos” nas rodas a fin de evitar que ningunha persoa (sobre todo nenos/as) poidan meterse baixo as rodas. Os participantes veranse obrigados a comunicar as medidas da súa carroza ou remolque á organización no momento da inscrición co fin de adoptar as oportunas medidas de seguridade. Todos os participantes do desfile adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.
As carrozas e comparsas poderán levar unha velocidade lenta para amosar o seu traballo, non podendo deterse no percorrido, salvo causa maior xustificada.
Queda totalmente prohibido levar calquera tipo de animal solto na comparsa, quedando a organización capacitada para tomar calquera tipo de decisión sobre este aspecto por motivos de seguridade.
Asemade, os participantes no desfile comprométense a responsabilizarse das accións ou omisións que se produzan durante o mesmo, eximindo á organización de calquera tipo de responsabilidade por ditos actos.
A organización resérvase o dereito de participación de Comparsas, Grupos ou Individuais, podendo en calquera momento variar estas bases por razóns de seguridade ou interese xeral, excluíndo no momento os que poñan en perigo a seguridade propia ou a de terceiros.
A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociación de veciños, culturais, grupos, colexios,… As dúbidas serán resoltas no
enderezo electrónico: cultura.concellocortegada@gmail.com
6. VALORACIÓN.
Para a valoración dos disfraces presentadas ao concurso, o xurado terá en conta os seguintes criterios:
a) Deseño do traxe
b) Tipo de confección c) Imaxinación
d) Desfile/espectáculo
Cada membro do xurado emitirá a súa valoración nunha acta de votación por categoría e o sistema de votación será o seguinte:
– Cada membro do xurado puntuará de 1 a 10 puntos. En base aos criterios de :
o Deseño do traxe
o Tipo de confección
o Imaxinación
o Desfile/espectáculo
– A suma de todos os puntos recibidos polo-as membros-as do citado xurado, dará lugar aos-as gañadores-as do concurso.
– En caso de empate, será designada a candidatura que mais número de veces conseguise a puntuación máxima (10 puntos). Se aínda así continuase o empate, a designación correspondería á que conseguise mais 9 e así sucesivamente.
– O fallo será inapelable, pudendo declarar deserto o concurso.
– Formulado o fallo e emitida a acta, a competencia para o outorgamento do premio corresponde ao Alcalde do Concello de Cortegada (Ourense) ou órgano no que delegue.
– Os-as concursantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.
– A selección dos gañadores-as será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
– A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
Ó final de dita votación, os membros da organización procederán ó reconto de votos acadando así o primeiro premio á comparsa que máis votos reciba, o segundo premio á segunda máis votada e así sucesivamente. O xurado resérvase o dereito a descalificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal da organización, que irá debidamente identificado.
7. O XURADO
O xurado estará formado por:
Por un representante de cada comparsas concursantes no desfile.
O xurado está capacitado para resolver as cuestións que xurdan da interpretación destas bases.
A participación neste concurso supón a aceptación integra destas Bases, e das decisións do xurado.
8. PREMIOS.
Establecerase os seguintes premios por categorías e poderá ser declarado deserto
polo xurado.
– COMPARSAS,
1º PREMIO: 1.000,00 €
2º PREMIO: 700,00 €
3º PREMIO: 500 €
– INFANTIL, un único premio para categorías de: Individual: Cesta sorpresa
Parella: Cesta sorpresa
– ADULTOS un único premio para categorías de: Individual 50,00 €
Parella 70,00 €
– COMPARSAS LOCAIS,
As comparsas locais recibirán un premio de 100,00 € por participar no Entroido “O Zamaruco 2024”. Será requisito indispensable que a comparsa este formada como mínimo polo 80% de participantes empadroados no Concello. Para elo deberá acreditarse documentalmente no momento de facer a inscrición.
A participación non está limitada e o premio establecerase por orde de inscrición, ou ata esgotar o crédito.
No acto entregarase un diploma de consecución do premio e o pago efectuarase a través de transferencia bancaria.
9. ENTREGA DE PREMIOS.
Os premiados recibirán o día do acto un diploma do Concello de Cortegada
(Ourense) acreditativo do premio.
Os premios liberaranse a través de transferencia bancaria.
Será obrigatorio recoller o premio disfrazado, para amosar así o traballo realizado.
DISPOSICIONS FINAIS
A participación implica a aceptación desta convocatoria e calquera circunstancia non prevista será resolta pola organización. O incumprimento de ditas cláusulas dará lugar á falta de pagamento.
O Concello de Cortegada (Ourense), infórmalle que os datos de carácter persoal que sexan facilitados serán obxecto de tratamento nos nosos ficheiros, coa finalidade de xestionar a participación no concurso, comunicar a condición de gañadores e entregar os premios correspondentes.
Os datos do nome, apelidos poderán ser publicados tanto nas páxinas web do organizador como en calquera outro medio de comunicación electrónico ou convencional. A participación no concurso supón a plena aceptación do tratamento e cesión dos datos persoais e do uso da imaxe proporcionada durante o desfile, nos termos expostos nesta convocatoria.
Os datos relativos as persoas premiadas poderán ser obxecto de difusión pública o publicación, e cando o premio inclúa prestación económica serán comunicados as entidades bancarias co obxecto de realizalo seu pago, á administración tributaria e outro organismos públicos con competencia na xestión e fiscalización contable.
Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e patrimonio documental español. Os datos das persoas premiadas con dotación económica conservaranse de conformidade co disposto na normativa tributaria aplicable.
Se remite a súa solicitude ou consulta a través do enderezo electrónico cultura.concellocortegada@gmail.com, infórmaselle de que este enderezo está contratado con Google, o cal pode implicar unha transferencia internacional dos seus datos a Estados Unidos; con todo, Google achega garantías adecuadas de protección de datos, mediante a adhesión ao marco do Escudo de Privacidade, e a autorización da Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD) para transferir datos persoais a Estados Unidos.
Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ó seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante o Concello de Cortegada, Rúa Otero Novas, 1, 32200
Cortegada (Ourense) ou na dirección de correo electrónico dpo@legalforma.com.
O interesado ten dereito a presentar unha reclamación relativa o tratamento de datos ante o Delegado de Protección de Datos do Concello de Cortegada, no correo electrónico dpo@legalforma.com, ou, no seu caso, ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Coa participación no neste concurso autorizase ao Concello Cortegada (Ourense) ao uso de forma gratuíta da imaxe por tempo ilimitado.
A presente convocatoria publicarase na páxina web do Concello de Cortegada
(Ourense) e no taboleiro de anuncios.
En Cortegada (Ourense), na data da sinatura electrónica.
O Alcalde
Asdo. Avelino Luis Francisco Martínez