Será o sábado 24 de febreiro, a partir das 16,30 hs, na Insua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño)
Haberá un concurso de disfaces TRADICIONAIS para nenos e nenas en tres categorías: de 5 a 7.anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos.
Trátase de rescatar e promover as figuras e disfraces do Antroido tradicional fronte á proliferación de expresións máis comerciais.
A Insua dos Poetas ofrece un espazo e un marco de posibilidades ó Entroido Infantil e Xuvenil.
Esta terceira edición vaise desenvolver no marco da Declaración do Entrido, por parte da Consellería de Cultura, Educación, F P e Universidades da Xunta de Galicia, como Ben de Interese Cultural ( BIC).
Os principais personaxes do Entroido da Insua dos Poetas son os Xograres e as Soldadeiras.