A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no Irixo

Danger on the street. Blue flasher on the police car at night.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Trátase da terceira persoa investigada pola Policía Autonómica no marco da campaña contra incendios forestais do 2020

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer un incendio producido no concello ourensán do Irixo.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense, en colaboración con Axentes Forestais do Distrito XI O Ribeiro-Arenteiro, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun lume forestal que se produciu o pasado 24 de xaneiro no lugar de Barro, na parroquia de San Cosme de Cusanca, no que arderon 0,01 hectáreas de monte raso.

Neste caso, o incendio produciuse por mor dunha queima que o investigado estaba a realizar, carecendo do correspondente permiso, e sen cumprir as medidas de seguridade pertinentes. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2020 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica tres persoas como presuntas autoras de incendios forestais