As altas fan descender os casos totais ata os 357 no Carballiño, 132 menos ca onte

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño rexistra 517 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 357 casos activos, 132 contaxios menos ca onte. Maside baixa 20 casos anta os 32. Boborás baixa sete casos ata os 29. San Cristovo de Cea baixa nove casos ata os 23. Punxín baixa tres casos ata os 28. San Amaro baixa 10 casos ata os 20 casos. O Irixo baixa sete casos ata os 14 casos. Piñor mantén os 10. Beariz baixa ós catro casos.

A comunidade galega rexistra hoxe 7.061 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un ascenso. O número de casos activos redúcese notablemente grazas ás altas, ata os 59.451. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 57 (+2) están en UCI e 457 (+4) en unidades de hospitalización.

HIPER MASIDE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 821 contaxios novos, unha cifra que se duplica, e restando as altas, os casos totais redúcense hoxe notablemente ata os 7.738 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 70 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-2)  na UCI.