A Deputación outorga 100.000 euros á construcción da residencia para Aspadisi

IES CHAMOSO LAMAS

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 300.000 euros en subvencións para a cooperación. 

Concedeuse unha subvención de 100.000 euros a favor da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da comarca do Carballiño que irá destinada á construción dunha residencia; e a Fundación Antón Losada Diéguez contará con 10.000 euros para gastos de funcionamento correspondentes ao presente ano. 

A Xunta de Goberno tamén concedeu dúas subvencións dentro do programa “emprendOU” para proxectos empresariais e de autoemprego. As achegas de 8.600 euros van a dous proxectos relacionados co comercio e servizos profesionais a desenvolver nos concellos da Rúa e Ribadavia.