Alexandre Corbillón estará na tenda ozoqueira presentando “O segredo do trasno”.
A descuberta dun novo territorio sempre é a descuberta dun novo mundo. Atopar novas xentes e novas paisaxes fainos reverdecer os vellos vínculos cos nosos. Desa fascinación toma este libro de poemas a súa materia prima.
Del, dinos Méndez Ferrín o seguinte: “Vexo en Alexandre Corbillón, non un poeta verde e nacente ao universo literario galego, senón un autor definido que acadou un discurso marcado e propio”.
Novo título da colección Valilongo de poesía que Aira coedita coa Fundación Insua dos Poetas.