Xa non queda nada para o comezo do Entroido e no Carballiño empezamos forte e con novidades. A programación dará o pistoletazo de saída este venres, co desfile de Entroido escolar dos centros educativos da vila polas rúas. Será a partir das 12:00 horas cando os máis pequenos saíran cos seus mellores traxes.
E pola noite, a gran novidade deste ano: a festa de comadres e compadres. Contará coa Disco Show Eletium na Praza Maior, con primeiro pase dende as 20:30 horas ata as 21:30 horas e segundo pase dende as 23:30 horas ata as 01:30 horas. Haberá unc concurso de disfraces que contará con premios patrocinados pola hostalaría local.