Francisco Fumega arroupa a Besteiro, candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo nun mitin no Carballiño. Estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a candidata número 1 pola provincia de Ourense, Carmen Dacosta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Besteiro centrou a súa presentación na sanidade e nos problemas do Carballiño. Comprometeuse a que non haberá ningún neno sen pediatra no Carballiño, en Ourense, nin en toda Galicia e amosou a súa indignación pola situación actual do concello que non conta con nin un só pediatra. O candidato socialista remarcou as propostas que teñen no seu programa de cara a mellorar a atención primaria. Besteiro tamén apuntou á necesidade de reforzar o sistema de pensións público.