A Insua dos Poetas, na Esgueva, acolleu este sábado un entroido para os máis pequenos dos 5 aos 14 anos, con concurso de disfraces, entre outras actividades.
O obxectivo era rescatar e promover as figuras e disfraces do Entroido tradicional fronte á proliferación de expresións máis comerciais. Os principais personaxes do Entroido da Insua dos Poetas son os Xograres e as Soldadeiras.
Esta terceira edición desenvolveuse cun éxito de participación entre as familias dos concellos da contorna. Os máis pequenos desfrutaron de concursos, baile e merenda, así como de xogos adaptados á xornada, na que tamén a choiva deu unha tregua.
Para a ocasión, tamén se realizaron obradoiros de pintacaras nos que os máis pequenos completaron o seu disfraz ademais de divertirse. E tamén houbo talleres de creación de chapas, no que se divertiron entre todos.