O 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller na maioría dos países, —declarado oficialmente pola ONU en 1975— reivindícase a todas as mulleres e a igualdade completa de dereitos; o Concello de Ribadavia únese á devandita conmemoración coa realización de varios actos durante o mes de marzo.
-“A Muller Fai Comunidade”
Unha exposición fotográfica con motivo do Día Internacional da Muller
As voluntarias europeas do Corpo Europeo de Solidaridade do Concello de Ribadavia (OMIX), queren amosar algunhas das diferentes caras que as marcaron cunha exposición de fotografía, impresa a man con cianotipo.
8 de marzo – 29 de marzo
Café Bar O Morto, Ribadavia
-Participa no noso concurso do Día Internacional da Muller
Crea a letra dunha canción en galego e envíaa a omix.ribadavia@gmail.com antes do 1 de Marzo!
A letra gañadora será convertida nunha canción, e o premio é que ti podes cantala ou deixar que Nerea e Leonel (cantantes de nivel) a interpreten!
Todos os participantes ceden os dereitos da letra para a canción.
A grabación realizarase no noso estudio na Oficina Municipal de Información Xuvenil, e a canción lanzarase o 8 de Marzo.
Non perdas a oportunidade de ser parte desta celebración!
–CONCURSO “DEBUXA IGUALDADE”
CON MOTIVO DO 8 DE MARZO DE 2024, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
(Entrega dos debuxos ata o mércores 6 de marzo de 2024 nos Centros Escolares
O Concello de Ribadavia organiza o Concurso de Debuxo Infantil “DEBUXA IGUALDADE” e conforme ás seguintes BASES:
- Participantes.
Poderá participar o alumnado matriculado nos centros educativos do Concello, establecéndose as seguintes categorías:
– CATEGORÍA A: alumnado de primeiro e segundo de Primaria.
– CATEGORÍA B: alumnado de terceiro e cuarto de Primaria.
– CATEGORÍA C: alumnado de quinto e sexto de Primaria.
- Temática e características dos traballos.
O traballo consistirá nun debuxo en soporte cartolina ou folio de tamaño mínimo DIN A4, e máximo DIN A3 podendo utilizarse todo tipo de técnica e sen limitación de número de cores.
A temática será a IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES en calquera dos ámbitos da vida (familiar, social, laboral, educativa, deportiva…). As obras serán inéditas e cada participante só poderá presentar un único traballo. A obra pode incluir un lema ou slogan.
- Identificación dos traballos.
No reverso da obra deberán figurar os seguintes datos:
– Concurso “Debuxa Igualdade 2024”
– Nome e apelidos completos do/a participante
– Categoría na que participa
– Centro educativo e curso
- Lugar e prazo de presentación dos traballos.
Os traballos serán entregados á persoa que o centro escolar designe. A data máxima para presentar os traballos será o mércores 6 de marzo de 2024 incluído, data a partir da cal serán recollidos nos centros escolares.
- Premios.
Haberá un premio por cada categoría, reservándose o xurado, o dereito de declarar deserto algún dos premios no caso de que os traballos presentados non alcancen o nivel suficiente. Os premios consistirán en:
CATEGORÍA A. Premio: Lote de libros e material escolar.
CATEGORÍA B. Premio: Lote de libros e material escolar.
CATEGORÍA C. Premio: Lote de libros e material escolar.
- Xurado.
O xurado estará composto por persoal do Concello (podendo ser tanto persoal político como persoal técnico) e por profesores/as do centros escolares.
O xurado reunirase para deliberar no lugar, data e hora en que libremente decidan. O fallo do concurso farase público o día 15 de de marzo de 2024, a través dos medios habituais (páxina web, redes sociais…) e comunicarase ós/ás gañadores ou gañadoras a través dos centros escolares aos que pertenzan.
Cos debuxos participantes realizarase unha Exposición na Casa da Cultura entre o 18 e 31 de marzo de 2024.
– 9 de marzo, na Igrexa da Madalena, 19:00h. “Cata da Muller”. Entrada de Balde ata completar aforo. Inscricións: serviciossociais@ribadavia.es
Mulleres adegueiras, colleteiras e enólogas serán as protagonistas da xornada.
ADEGA DONA ELISA – Duvi González, ADEGA IRIA OTERO MAZOY – Iria Otero ADEGAS CELME S.L. – Dori , MARIBEL GÓMEZ SORIANO de Agas do Tempo, COLLEITEIRA JULIA MAR BANDE PÍVIDA – Xulia Bande, ADEGAS DO REXURDIR : Mónica Moral e Eva Bermúdez
-16 de marzo no Auditorio Manuel María da Casa da Cultura. Entrada de Balde
“As damas de Ferrol” de Teatro Noroeste
“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en nobelo onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Os seus protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores A liña argumental avanza e retrocede, enrédase e desenreda como un nobelo imaxinario e imposible de descifrar Os dous personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, ocorrer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante. No caso de que o que contan sexa verdade, ocorrese, resulta patético e espantoso. No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e espantoso son os propios personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.