Juan Carlos Francisco do grupo socialista reclama axudas directas para os clubes federados non profesionais de ámbito autonómico

Juan Carlos Francisco reclama axudas a través do fondo de consenso, así como axilizar o pago de subvencións para os gastos extraordinarios derivados da covid

Publicidade

O portavoz de Deportes do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria para reclamarlle á Xunta que poña en marcha axudas directas para os clubes federados non profesionais de ámbito autonómico. O responsable socialista lamentou o voto en contra do PP a unha proposta prevista para axilizar o pago de subvencións aprobadas para atender aos gastos extraordinarios pola covid.

O parlamentario socialista reclamoulle á Xunta que active axudas a través do fondo de consenso, incluíndo axudas á adquisición de material deportivo, ao pago de cuotas federativas e unha compensación directa aos clubes pola mingua dos ingresos derivados da covid. Sinalou que a situación difícil tense convertido en límite para os clubes pequenos con menos recursos pola limitación de aforos ou a perda de patrocinadores e con maiores gastos pola pandemia.

Urxiu así a axilizar o pago das subvencións aprobadas para atender aos gastos extraordinarios pola Covid que tiveron que afrontar os clubes na temporada que vén de rematar. Ademais, instou á Xunta a posicionarse “en torno á ridícula esixencia de obrigar a realizar test cada 14 días para competir e entrenar, cando precisamente a inmensa maioría dos deportistas están xa vacinados”.

Ademais, reclamou que no novo orzamento de 2022 atendan ao deporte como unha actividade esencial, e se finance de acordo coa importancia dun orzamento que conta cun teito de gasto de ata 11.571 millóns de euros.

A proposta presentada hoxe instaba á Xunta a probar unha liña de axudas directas para estes clubes que fora ademais “complementaria e adicional a calquera outra liña de subvencións xa establecida pola secretaría xeral para o Deporte ou calquera outra administración pública autonómica, estatal ou local”.


proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª.

Despois de 18 meses dende a chegada da pandemia hoxe todos somos
conscientes que o único xeito de retomar certo nivel de normalidade é a través
dunha vacinación masiva do conxunto da poboación. Tamén no que atinxe ao
desenvolvemento das competicións deportivas federadas.
Máis alá das desconfianzas e deslealdades amosadas polo presidente da Xunta de
Galicia en torno á estratexia vacinación e á chegada de vacinas anunciada polo
Goberno do Estado, cunha oposición lamentable e bastante cínica, o certo é que
o 65,8 % da poboación galega tiña recibido a principios do mes de agosto a pauta
completa da vacina.
Unha porcentaxe que acada o 73,7 % dos galegos e galegas con, polo menos,
unha soa dose, segundo datos oficiais do Ministerio de Sanidade. Unha
vacinación que foi posible grazas ao traballo de todas as administracións
implicadas, salientando aos profesionais sanitarios do Sergas que fixeron un
labor excepcional.
Conforme ao cadro que achegamos son as persoas comprendidas entre os 12 e os
29 anos as que aínda teñen porcentaxes moi baixos de vacinación. Se
trasladamos o cadro ao ámbito do deporte federado non profesional atopámonos
con resultados practicamente idénticos, dado que son eses tramos de idade os que
copan a maioría das licenzas deportivas no ámbito do deporte federado de
carácter afeccionado.
A consecuencia é que seguen a ser os deportistas e os clubs nos que se integran
os que deben soportar a cantidade inxente de gastos aos que obrigadamente se
ven abocados para o desenvolvemento das competicións de acordo co Protocolo
marco Fisio-Covid, aínda vixente, e os protocolos adaptativos aprobados en
cada federación deportiva galega. Protocolos que, aínda hoxe, impoñen os clubs a
realización de test cada 14 días a todos e todas as deportistas integrantes deles,
após doutras obrigas en relación co uso das instalacións deportivas, limitación de
aforos … etc

A isto debemos engadir a importante mingua de ingresos para os clubs motivada
polas restricións impostas, especialmente no que atinxe á perda de patrocinios.
Cadro de persoas vacinadas en Galicia por tramo de idade (datos do
Ministerio de Sanidade (08.08.2021)
20-29 anos 10,5% 8,8%
12-19 anos 0,6% 0,2%
A pesares da declaración da actividade deportiva como actividade esencial (PNL
votada no Congreso dos deputados a instancias do Partido Popular e
transaccionada co PSOE), ano e medio despois do inicio da pandemia nada ten
mudado en relación co deporte galego.
Diante desta situación temos que lamentar a escasa importancia que a promoción
e o desenvolvemento do deporte ten para a Xunta de Galicia.
No exercicio 2021, cun certamente orzamento expansivo e onde a capacidade de
gasto da Xunta de Galicia se incrementaba por riba dos 1.570 millóns de euros, o
orzamento para todo o deporte galego apenas se incrementaba en 8 millóns de
euros respecto do ano 2020.
Nin axudas directas aos clubs, nin axudas extraordinarias, nin avais do Igape, nin
tan sequera a previsión de establecer o adianto aos clubs dos importes das
subvencións licitadas para facer fronte aos gastos Covid.
O pasado 3 de agosto o Pleno do Parlamento de Galicia, co voto en contra do
Grupo Socialista, aprobaba o teito de gasto non financeiro para o exercicio 2022.
Teito de gasto que anticipa un orzamento cun límite de gasto de 11.571 millóns
de euros, incluso por riba do teito de gasto do ano 2021.

A tenor da política da Xunta de Galicia nada fai presaxiar un cambio de rumbo
na política orzamentaria cara a dotar o deporte galego de máis recursos.
E precisamente neste contexto onde os poderes públicos, con políticas expansivas
de gasto, deben contribuír a paliar a difícil situación económica xerada pola
pandemia nos clubs deportivos federados, dada a especial dificultade para obter
financiamento e esponsorización dende o ámbito privado, nomeadamente dos
clubs non profesionais.

Dende o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, sendo conscientes da
enorme complexidade que implica a xestión desta pandemia, queremos amosar a
nosa vontade construtiva e de consenso para que dende a Administración
autonómica se adopten as medidas máis axeitadas en beneficio do deporte
federado de ámbito autonómico, para o cal sería conveniente que o propio
Goberno comparecese no Parlamento aos efectos de explicar a realidade
presente e futura que lle espera ao deporte autonómico federado en Galicia nos
próximos meses; así como as medidas de apoio que necesariamente hai que
prestar aos clubs para garantir a súa supervivencia no actual contexto.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aprobar unha liña de axudas
directas para os clubs deportivos federados de ámbito autonómico que se teñan
inscrito e participen nas competicións organizadas polas federacións deportivas
galegas na tempada deportiva 2021-2022, complementaria e adicional a calquera
outra liña de subvencións xa establecida pola Secretaria Xeral para o Deporte ou
calquera outra administración pública autonómica, estatal ou local.