San Amaro celebra a segunda Ruta Cabalar este vindeiro sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de San Amaro converterase esta fin de semana no epicentro do mundo equino coa segunda edición da Ruta Cabalar, en colaboración coa Escola de Equitación do municipio, cun éxito crecente dende a súa posta en marcha. O pasado ano, na primeira edición, participaron no evento preto de 80 xinetes, facendo un percorrido polos lugares máis emblemáticos do municipio, como o Castro de San Cibrán ou o tempo budista.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, achegaranse ata San Amaro persoas de toda a provincia, e tamén doutros puntos de Galicia. Pola mañá haberá probas de andadura chapeada e serrada, trote e gincana. Haberá unha comida popular e tamén cea, despois da ruta de 20 km. Para pechar a xornada, unha discoteca móbil.