Afundación, o Concello da Rúa e ABANCA asinarán mañá, martes 27 de febreiro, ás 11.30 h, na Casa do Concello, o convenio para a realización da mostra «Berces de vida. De paseo polos bosques de España». No acto estarán María González Albert, alcaldesa da Rúa; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.
«Berces de vida» permanecerá aberta desde o 13 de marzo ata o 14 de abril no Centro Cultural Avenida e poderase visitar de luns a venres de 12.00 a 14.00 horas e sábados, domingos e festivos de 17.00 a 21.00 h. A mostra, en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías da biodiversidade das fragas e bosques de España e está comisariada por Joaquín Araújo.
Evento | Sinatura do convenio para a mostra «Berces de vida» |
Lugar | Casa do Concello |
Data e hora | Martes, 27 de febreiro, 11.30 h |
Asistentes | María González Albert, alcaldesa da Rúa Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |