O concello entrega os premios do concurso de “Comadres e Compadres” do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concurso estivo patrocinado pola hostalería da vila, coa participación de 24 establecementos,  en colaboración co Concello do Carballiño, e consistía en elexir os mellores disfraces a través do Facebook do concello. Aqueles concursantes que obtiveran máis “me gusta” serían os gañadores. O concurso remataba o venres 23 de febreiro, ás 12,00 h.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A parella que representaba ao matrimonio de pintores mexicanos formado por Diego Rivera e Frida Kalo obtivo 563 “me gusta”, mentres que a Raíña de Inglaterra obtivo 210 “me gusta”, sendo polo tanto os gañadores do concurso.

Ambos recibirán os premios respectivos, que son 500€ para cada un.

Agradecemento a todos os participantes no concurso, así como a todas as persoas que amosaron as súas preferencias no Facebook e á hostalería, e, por suposto, parabéns os gañadores!