Segunda cata organizada durante a Semana da D.O. Ribeiro

Tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel e versou sobre os viños tintos da D.O. Ribeiro elaborados con variedades autóctonas coma o Sousón, Caíño longo, Brancellao, Ferrón ou Mencía… e foi impartida polo sumiller Jacobo Mojón (Vinoteca Sybaris 2.0). Presentáronse os viños A Telleira Mencía 2020, Son de Arrieiro 2019, Sameirás 2020, Manuel Rojo 2019 e Cuñas Davia 2019 nun divertido xogo de cata a cegas (sen ver a marcaque se lle servía), para que os participantes intentasen adiviñar cal das referencias correspondía cos viños que tiñan servidos nas copas.

Publicidade