A Deputación colabora co Concello da Gudiña con máis de 700.000 euros durante todo o mandato para proxectos de transformación do municipio

Dentro da rolda de contactos que o presidente provincial está a manter cos alcaldes e alcaldesas de todos os municipios de Ourense, Luis Menor reuniuse no Pazo Provincial co rexedor da Gudiña, Néstor Ogando.

No encontro fixeron un repaso ás achegas que o concello ten percibido da Deputación, como a dotación do Plan CooperOU con 169.000 euros para este ano. Unha cantidade que se elevará ata máis de 700.000 euros ao remate do mandato e que permitirá executar proxectos de transformación dentro do concello”, tal e como explica Menor. Tamén apuntou o presidente provincial outra das axudas recibidas, desta volta para aexecución dunha cuberta na pista de pádel por importe de 40.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, os representantes de ambas institucións acordaron intensificar a colaboración con subvencións concedidas por outras administracións, como é o caso da mellora das instalacións do centro de saúde.