O concello de Ribadavia celebrará o Día da Muller con TEATRO Sábado, 16 de marzo as 20:00h. no Auditorio da Casa da Cultua.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Entrade balde ata completar aforo.”As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en nobelo onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os seus protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maioresA liña argumental avanza e retrocede, enrédase e desenreda como un nobelo imaxinario e imposible de descifrarOs dous personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, ocorrer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes.

Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.

No caso de que o que contan sexa verdade, ocorrese, resulta patético e espantoso.

No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e espantoso son os propios personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.