A Deputación consolida a súa colaboración nas actividades e programas de Alcer

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Miguel Ángel Quintas Barros (Presidente da ALCER Ourense) acompañado de Carmen Dorado Vidal (Cordinadora da Asociación).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á directiva ourensá da Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais (Alcer). A este encontro acudiron o presidente do colectivo, Miguel Quintas, e a coordinadora, Carmen Dorado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión, realizada con motivo do Día Mundial do Ril, Luis Menor destacou o excelente traballo que esta asociación realiza en beneficio dos pacientes diagnosticados na sala de diálise do Complexo Hospitalario, onde visitan e acompañan a aquelas persoas que o precisen. O presidente da Deputación asegurou que a institución provincial continuará apoiando a este colectivo, como vén de facer desde hai anos, para o desenvolvemento dos seus programas e actividades.

Pola súa parte, Miguel Quintas agradeceu a colaboración da Deputación coa asociación, sinalando que se estima que 1 de cada 7 persoas padece enfermidades renais, aínda que esta cifra é só unha aproximación debido a que hai persoas que non foron diagnosticadas.