O Auditorio Manuel María acolle mañá a obra de teatro “As que limpan”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o departamento de Igualdade do concello do Carballiño anuncian unha nova actividade incluída dentro da programación para o 8M, Día da Muller.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá sábado, ás 20:00 horas, no Auditorio Manuel María, terá lugar unha representación teatral sobre a igualdade a cargo da compañía A Panadaría. Baixo o nome “As que limpan” inclúese unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Obra clasificada como comedia, para público adulto, foi galardoada xa con numerosos premios.