Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación pecharon o curso 2021-2022 cun acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel

-19.30 horas: Entrega de diplomas do curso 2021-2022 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na entrega de diplomas do curso 2021-2022 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, impartida por Manuel Brañas e Carlos Castro nas especialidades de gaita, requinta, pito pastoril, instrumentos de percusión e instrumentos medievais. Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel

Os talleres foron impartidos por Manuel Brañas e Carlos Castro nas especialidades de gaita, requinta, pito pastoril e instrumentos de percusión e medievais

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recoñeceu o traballo do obradoiro e de todo o equipo, encabezado polo seu director, Manuel Brañas: “Isto é cultura con maiúsculas, conservando e potenciando as nosas tradicións e ademais facendo canteira”

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel na entrega dos diplomas acreditativos do curso 2021-2022 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense. Os talleres, impartidos por Manuel Brañas e Carlos Castro, xiraron arredor das especialidades de gaita, requinta, pito pastoril e instrumentos de percusión e medievais.

Rosendo Fernández, que estivo acompañado pola deputada de Cultura, Patricia Torres, recoñeceu o traballo do obradoiro e de todo o equipo, encabezado polo seu director, Manuel Brañas: “Isto é cultura con maiúsculas, conservando e potenciando as nosas tradicións e ademais facendo canteira”

Como peche do acto, Vanesa Muela e Rodrigo Jarabo ofreceron un concerto no salón de actos do Marcos Valcárcel, cunha escolma de cancións tradicionais de Castela e León. Ambos teñen unha amplísima experiencia ás costas e son auténticos referentes do folclore español: Muela ten dous premios nacionais neste eido mentras que Jaro ofreceu numerosos concertos e tamén destaca como docente e divulgador.