A Deputación comprométese a reforzar o apoio á Asociación Por Eles TEA

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) coa directiva da Asociaicón "Por Eles TEA (Transtorno de Espectro Autista" de Ourense, representada por Eva Guzmán Freijedo, María Losada García e Rebeca Iglesias Fernández (Presidenta, vicepresidenta e bocal da Asocación, respectivamente).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á directiva da asociación Por Eles TEA. A este encontro acudiron a presidenta da asociación, Eva Guzmán; a vicepresidenta, María Losada e a vogal deste colectivo, Rebeca Iglesias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión, as representantes da asociación explicáronlle a Luis Menor o traballo que desenvolven, atendendo a practicamente 40 familias e preto de 50 nenos e nenas con necesidades específicas de atención.

Para continuar realizando actividades deste tipo, dende Por Eles TEA solicitan a colaboración da Deputación, que se compromete a reforzar o apoio á asociación “dada a importancia da súa actividade e a necesidade do traballo que levan a cabo”, tal e como sinalou Luis Menor.