Comunicado da Asociación Alarma na Terra de Montes

A luns 3 de outubro de 2022 a Asociación Alarma na Terra de Montes, non foi informada polo concello de Forcarei sobre a convocatoria da comisión de seguimento dos proxectos eólicos que mentaran convocar a máis tardar a finais da semana pasada. Na mesma liña, a asociación soubo que o PP de Cotobade se abstivo de posicionarse en contra do Parque Eólico Cabanelas na última proposta plenaria do concello de Cerdedo-Cotobade, e o concello da Estrada volve convocar unha charla informativa o día 5 de outubro, ás 17h en Liripio, a tan só oito días de que finalize o prazo de exposición pública do P.E. Cabanelas. Que está pasando nos nosos concellos? Están comezando a negociar os sobornos “sociais” da mafia eólica (entre a que lembremos, se encontran ex-peixes gordos do PP, véxase o caso de Fátima Báñez, ou Ángel Acebes, facendo parte do consello de Iberdrola, ou no caso de Greenalia, da exconselleira galega, Beatriz Mato) para financiar a cultura e
deporte dos municipios? Van encher as arcas municipais con diñeiro podre, que financiará a ruína de todos? Por que continúan sen cumplir coas responsabilidades administrativas que lles corresponden os responsables locais? Sen vagar, pero coa intención de que todos os veciños das comarcas de Montes e Tabeirós poidan tomar decisións tendo información, a asociación continúa as xornadas de traballo, como veu facendo esta semana en Meavía, e facendo a súa seguinte parada en Tomonde, o sábado 8 de outubro ás 11h, onde Maria Campos exporá a parte das afeccións, e Roxelio Carballo falará da parte económica do P.E. Cabanelas, e dos proxectos anexos que fan parte do mesmo problema, entre os que se atopa Penizas