Espazo Común leva a pleno unha moción sobre o grupo municipal de emerxencias e cederá a palabra aos seus traballadores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A continuación adxuntamos o contido de dita moción:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Dende hai xa tempo, vimos asistindo, non sen certa incomidade, á polémica creada pola situación dos traballadores do Grupo Municipal de Emerxencias do Concello do Carballiño.

É aceptable e ata lóxico que haxa diferencias entre o goberno e algún grupo ou área de empregados públicos pero no caso que nos ocupa o asunto está totalmente fóra de control. Xa trascendeu o cruce de acusacións á opinión pública e a preocupación da cidadanía vai en aumento.

Resultou moi pouco edificante ver como o alcalde lles negaba a posibilidade de falar ao final da sesión plenaria do pasado 7 de marzo para explicar as súas demandas.

É  a primeira vez en moitos anos que un rexedor nega a palabra a un cidadán en pleno.

O axeitado sería escoitalos e respostar, na medida do posible, aos seus prantexamentos.

No caso destes traballadores do Concello, é urxente resolver algunhas das súas demandas e decidir axiña cal é a liña a seguir para o futuro deste servizo.

Ao noso entender, a primeira eiva e a máis grave é a demanda dos EPIs (Equipos de Protección Individual).

Non é de recibo que o alcalde diga publicamente que non teñen que ir aos incendios, que non lles vai facilitar o equipamento necesario e despois que sexan constantemente mobilizados polo 112 para acudir a accidentes, incendios urbáns, incendios forestais e todo tipo de incidencias.

Ninguén desexamos ter que lamentar algún contratempo no caso dunha emerxencia grave. Sen ánimo de ser alarmistas, é obvio que podemos estar falando da vida de persoas.

No referente ao resto de demandas, o máis apropiado é a convocatoria dunha Mesa de Negociación Sindical longamente comprometida incluso en Xunta de Voceiros e en público e que é o vehículo axeitado para a resolución deste tipo de conflitos.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                  SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño adquira os EPIs necesarios para a seguridade dos traballadores nas intervencións que teñan que acometer.
  2. Que sexa convocada con urxencia a Mesa de Negociación Sindical incluindo na orde do día as demandas dos traballadores do Grupo Municipal de Emerxencias“.