Víctor Senra e José Murado comezan a tempada cun triunfo No Rallye A Coruña

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Víctor Senra e José Murado, aos mandos do Citroën C3 WRC foron os vencedores da 28 edición do Rallye da Coruña, primeira parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes de 2024.

Senra e Murado foron os mellores nun espectacular inicio de certame cunha sensacional lista de inscritos e no que a afluencia de público foi enorme, con cifras que superaron os 65.000 espectadores no cómputo xeral da fin de semana.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os do Citroën C3 WRC repuxéronse dunha penalización de 40 segundos ao non arrancar o vehículo nunha ligazón para sumar o primeiro triunfo da tempada, nesta ocasión sen coeficiente ao tomar a salida tres WRC.

Precisamente outro vehículo desta categoría, pilotado por Iván Ares e Borja Rozada foi segundo clasificado a 44,3 segundos da cabeza. Completaron o podio da proba Alberto Meira e Avelino Martínez aos mandos do Skoda Fabia R5, co que ademáis logrou a victoria dentro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.

Jorge Pérez e Miriam Vera e Alberto Nimo e José Pintor foron cuartos e quintos clasificados, ocupando ademáis o segundo e terceiro lugar do Supercampionato, respectivamente.

Nos formatos promocionais do Campionato Galego, primeiro lugar da Top Ten Pirelli Driver Autia B para José Lamela e Unai Conde co Toyota, seguidos de Antonio Valcárcel “Ventura” e Alberto González e de Rubén Díaz e Yago García, do Peugeot.

Marcos Rodríguez e Daniel González estreáronse na Top Ten C cunha convincente victoria con máis dun minuto de vantaxe sobre Sergio Sánchez e Luis Prego e Dani Castro e Sergio Martínez.

Dentro da Pirelli AMF o chanzo máls alto do podio foi para Jacobo Segade e Andrea Fidalgo que no Peugeot 106 confirmaron a súa candidatura ao ser campións deste formato. Omar López e Iván Bergondo foron segundos e Daniel Lamas e Estefanía Escuredo situáronse a continuación.

Joaquín Pérez e Adrián Muñiz sumaron un novo primeiro lugar no Volante FGA mantendo a mesma liña do ano pasado ainda que coa resistencia dos debutantes neste formato, Marco Lorenzo e Diego Gil, que brillaron nesta primeira carreira e sumaron o primeiro posto na PXP. Diego Camuñas e Lucía Sesar foron terceiros e segundos da PXP. Adrián Torreiro e Pedro Rivas foron cuartos do Volante e terceiros da PXP.

E entre os clásicos os mellores foron Juan Manuel Freiria e Xeila Bermudez seguidos de Cristóbal Eiranova e Manuel Mosquera.

A próxima proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes terá lugar en Lalín co retorno do Rallye do Cocido ao certame autonómico os días 5 e 6 de abril.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------