O BNG logra a unanimidade do Pleno de Nogueira para a reparación das deficiencias e a mellora da seguridade no CEIP plurilingüe de Luintra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No Pleno celebrado esta semana polo Concello de Nogueira de Ramuín, debateuse sobre a situación na que actualmente se atopao CEIP de Luintra. Trátase, tal e como espuxo a Concelleira nacionalista Mª Carmen Armesto durante a sesión, “dun centro inaugurado no ano 1975 e que actualmente atende a un total de 46 alumnas e alumnos”. Armesto incide en que “a situación na que se encontran as instalacións non son as mellores e nin tan sequera aceptables para desenvolver nunhas condicións minimamente dignas a docencia”, e engade, “a sensación que transmiten é que o tempo se detivo hai moitos, moitos anos”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Desde o BNG de Nogueira afirman ter constancia de que tanto a Consellería de Educación como o propio Concello de Nogueira de Ramuín, responsábel do mantemento das instalacións, “son coñecedores da realidade que se espuxo na moción e que pouco ou nada se fixo por mellorar e corrixir as deficiencias que comprometen o benestar, e mesmo a seguridade das traballadoras e do alumnado dun centro que non foi reformado desde a súa posta en funcionamento hai case medio século”.

Por estes motivos, desde o BNG solicitaban do Pleno da Corporación apoio para instar ao equipo de goberno a que, con carácter inmediato, “proceda á realización das actuacións de mantemento, conservación e acondicionamento necesarias para garantir a seguridade e o benestar no CEIP, nomeadamente a reparación das deficiencias existentes”.

Igualmente e co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na contorna, solicitaron que o Concello faga as xestións pertinentes diante da Deputación Provincial “para que nas inmediacións do CEIP se instale, a maior brevidade posible, un paso de peóns elevado así como sinalización vertical de proximidade de centro educativo para conquerir unha reducción na velocidade dos vehículos que garanta a seguridade do alumnado”.

Ambos acordos foron aprobados por unanimidade do Pleno, feito que a Concelleira do BNG Mª carmen Armesto pon en valor ao tempo que sinala, “cando se fala de fixar poboación e manter uns concellos vivos tamén no rural, hai que facer inversións e crear infraestructuras e servizos públicos de calidade xa que do contrario, o que provocamos é o efecto contrario”.