A Valedora do Pobo comprométese a estudar as deficiencias sanitarias do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño reuniuse o pasado venres coa Valedora do Pobo en Santiago de Compostela. Nesa xuntanza quixeron trasladarlle as carencias que ten a día de hoxe o centro de saúde do Carballiño e solicitarlle se pode mediar para tentar poñer solucións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Presentaron no rexistro un ecrito con todas as necesidades actuais e as 8.541 firmas recollidas para demostrar o descontento dos veciños, tanto coa sanidade en xeral como co servizo de pediatría máis en concreto.

Aseguran que a Valedora do Pobo escoitou todas as súas queixas e comprometeuse a estudar o caso do Carballiño.

Mentres tanto, aseguran dende a Plataforma que seguirán traballando para intentar recuperar os servizos que pouco a pouco, reiteran, están indo a menos.