CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DUN/UNHA AXENTE FORESTAL E UN/UNHA PEÓN/PEOA FORESTAL, CON CARGO AO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS PARA O EXERCICIO 2024 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 20/03/2024:
- Número e denominación das prazas: un/unha (1) axente forestal e un/unha (1) peón/peoa forestal, con cargo ao Programa provincial de cooperación ás obras e servizos para o exercicio 2024 da Deputación Provincial de Ourense, para o servizo “Mantemento, limpeza e xestión da biomasa no Concello de Cenlle”.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal
Xornada:
- Axente forestal (30 horas/semana)
- Peón/peoa forestal (40 horas/semana)
- Duración do contrato: seis meses.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Retribucións totais (incluída pro rata de paga extra)
- Axente forestal 1.157,33 €/mes
- Peón/peoa forestal 1.323,00 €/mes
- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles que contarán desde o seguinte
á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito. - Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de
anuncios do Concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal