Debido á previsión de chuvia e vento para a mañá deste Xoves Santo, 28 de marzo, suspéndese o II Roteiro sobre Historia, Arte e Arquitectura Relixiosa no Carballiño, organizado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración coa Confraría da Veracruz e o Concello do Carballiño.
Esta actividade, que nesta edición tiña como novidade incorporar a igrexa parroquial de Señorín ao resto das igrexas do casco urbano carballiñés: Parroquial de San Cibrao, Colexio Sagrado Corazón, Residencia dos Irmáns Prieto e templo da Veracruz, aprázase para outro día no que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, e anunciarase con antelación a través dos medios de comunicación e redes sociais.