Remata a Semana Santa do Carballiño, sen saída da tradicional procesión dos “Caladiños”

A Semana Santa do Carballiño chegou á súa fin, pasada por auga. O primeiro acto que se suspendeu foi o roteiro urbano. O xoves santo, celebrouse a cea do señor, seguida po runha misa solemne onde se realizou o lavatorio de pés e o traslado do santísimo sacramento. Ao remate, celébrase tradicionalmente a procesión penitencial da sentencia e a misericoirdia, que a causa da choiva fixo un breve percorrido ao redor do templo, quedando cancelado o seu percorrido máis amplo.

O venres santo, celébrase a Procesión Solemne del Santo Enterro o «dos Caladiños». A choiva tampouco permitiu que a saída máis senlleira da Semana Santa do Carballiño, que foi substituída por un vía crucis no interior do templo. A procesión con máis tradición no Carballiño conta cos pases da Santa María Magdalena y San Juan al pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente y Nuestra Señora de los Dolores. Contará coa Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, de Ferrol. Banda de Música de Vilatuxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

E para rematar, o domingo de Pascua, saiu a Procesión Gloriosa de la Resurrección, (ao finalizar a Santa Misa) co paso do Sagrado Corazón de Jesús y Virgen de los Dolores ataviada con traje de Gloria. Esta foi a única procesión de toda a Semana Santa na que o tempo deu unha tregua para permitir a saída dos pasos.

Este ano tamén se puxeron en marcha dúas exposicións: “O camiño da cruz” e “Os cristos do lume”. Estiveron ambas expostas no templo da Veracruz. A finalidade destas obras era a de convidar a adentrarse no auténtico mundo cofrade realizando un percorrido polas principais igrexas do Carballiño, onde se amosan varios dos pasos e enseres relacionados soas procesións, xunto cunha selección fotográfica representativa de cada unha delas. A segunda delas, “Os cristos do lume”, é obra do autor masidao Alberto Fernández.