Publicado no DOG
ANUNCIO do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que
se somete a información pública o proxecto de interese autonómico (PIA) de
ampliación das instalacións de Aguas do Paraño, S.L., no concello de Boborás
(Ourense), promovido por Aguas do Paraño, S.L
O artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (DOG
núm. 8, do 14 de xaneiro), regula o procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio que deban someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Para os efectos previstos no artigo 55.5 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación
do territorio de Galicia, sométense a información pública, durante o período dun (1) mes,
contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os seguintes documentos:
• Proxecto de interese autonómico (PIA) de ampliación das instalacións de Aguas do Paraño, S.L., no concello de Boborás (Ourense), datado en febreiro de 2024 e asinado polos arquitectos Luciano González Domínguez (colexiado núm. 4.338 COAG) e Miguel
Gómez (colexiado núm. 4.339 COAG).
• Acordo de aprobación inicial do proxecto de ampliación das instalacións de Aguas do
Paraño, S.L., no concello de Boborás (Ourense).
Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado
prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.
Poderá accederse a esta información na páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacionsindustriais
Solicitante: Aguas do Paraño, S.L.
NIF: B36460517.
Domicilio social: lugar do Regueiro de Abaixo, s/n, 32514 Boborás (Ourense).
Ámbito do proxecto: concello de Boborás (Ourense).
Obxecto: ampliación das instalacións de Aguas do Paraño, S.L.
Descrición: o proxecto de interese autonómico (en diante, PIA) ten como obxectivo a ampliación das instalacións que Aguas do Paraño, S.L. ten no lugar do Regueiro de Abaixo, no concello de Boborás (Ourense), lugar en que se sitúa o manancial que dá nome á empresa.
A sociedade pretende unha ampliación das instalacións existentes na parcela, sobre a cal
posúe un dereito de superficie outorgado pola Comunidade de Montes en Man Común
Regueiro.
O desenvolvemento das instalacións ampliadas céntranse en potenciar a marca Aguas do
Paraño con actuacións a curto prazo mellorando a organización da actividade existente
destinada ao embotellado da auga de mineralización débil en botellas de 19 e 13 litros,
xunto coa instalación dunha nova liña de embotellado de augas desmineralizada e outra
nova liña de embotellado en formato Bag in Box, que protexe e contén a auga mineral natural dotada dunha válvula de billa. A dita bolsa protéxese mediante unha caixa de cartón que facilita o seu transporte e funciona como medio de comunicación da imaxe corporativa da empresa.
A medio prazo, coa execución da totalidade do proxecto de interese autonómico, preténdese a instalación dunha nova liña de embotellado para botella de cristal con formato de 33, 50, 75 e 100 ml