O Carballiño acolle este domingo a obra de teatro “A nena que vivía nunha caixa de mistos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Domingo, 7 ás 18.00 h no Auditorio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

TEATRO (Rede Galega de Teatros e Auditorios) “A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS” de CARAMUXO S.C

Público: infantil e familiar a partir dos 4 anos Duración: 40 min.

Entrada: 3,50 €

SINOPSE

Domingo, 7 ás 18.00 h no Auditorio

TEATRO (Rede Galega de Teatros e Auditorios) “A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS” de CARAMUXO S.C

Público: infantil e familiar a partir dos 4 anos Duración: 40 min.

Entrada: 3,50 €

A nena que vivía nunha caixa de mistos” é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con “As fabas máxicas”, continuou con “Feo” (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo. A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto “A vendedora de mistos” de Hans Chistian Ándersen. Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil. Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro cunha gran caixa de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece un ganso e unha gata que mudarán a súa vida para sempre.

Ficha artistica

  • Autor: Laura Sarasola e Juan Rodríguez
  • Dirección: Juan Rodríguez
  • Adaptación: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
  • Escenografía: Caramuxo teatro e Juan Ares
  • Deseño son: Alma Sarasola e Fernando

Román

  • Deseño iluminación: Suso Jalda

Vestiario: Diego Valeiras

  • Música: Alma Sarasola e Fernando Román
  • Coreografía: Laura Sarasola
  • Elenco artistico: Laura Sarasola , Juan

Rodríguez (manipulación monicreques) e Fernando Román (música en directo)

Traxectoria da compañía

Caramuxo Teatro é unha compañía de Teatro Infantil e familiar nada na Coruña no 2003 formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. No 2005 estrean Glub, Glub, o que foi no seu momento o primeiro espectáculo de teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente, ademais de traballar nunha liña específica para bebés,co espectáculo “Zapatos” e “Na casa”(recomendados pola Red Nacional de Teatros) ten en carteleira espectáculos para o público infantil e familiar. Dende os inicios mesturan diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques, danza… producindo espectáculos como “Mensaxe sen botella” , “Lazarillo”, “Animaliños”, “Os Bolechas”, “Zapatos” e “Feo!” (Premio María Casares), entre outros. A liña de traballo céntrase nuns textos elaborados a partir da nosa experiencia no eido educativo, unha estética coidada e unha escolla musical axeitada de modo que o resultado sexa un traballo poético emotivo e visual para desfrutar en familia .

Enlace vídeo promocional: https://www.caramuxoteatro.com/-videos