O BNG de Valdeorras dá a coñecer a Secundino Fernández como o deputado portavoz da comarca no parlamento galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Barco de Valdeorras, 5 de abril de 2024. María Albert, alcaldesa da Rúa; Manuel .Agra, voceiro municipal do BNG no Barco; María Mangana, deputada provincial na deputacion de Ourense e Secundino Fernández compareceron en rolda de prensa para dar a coñeccer aos responsables políticos do BNG que serán as encargadas de velar polos intereses da comarca en cada unha das institucións nas que o BNG ten representación e tamén as primeiras inciativas nas que o BNG vai comezar a traballar nesas institucións,

“Os ámbitos de traballo resultarán bastante reiterativos cos dos últimos anos, pois desde a Deputación de Ourense nin desde a Xunta de Galiza non se fan cargo das necesidades que ten a comarca de Valdeorras” índicaba María Albert.

Secundino Fernández foi dado a coñecer como o deputado do BNG que vehiculizará as demandas e necesidades da comarca de Valdeorras cara o Parlamento de Galiza. O tamén concelleiro de Viana do Bolo, sinalaba como   primeiros eixos a abordar a situación da sanidade, a e as comunicacións. 

O deputado nacionalista facía tamén referencia a outro dos eixos de traballo de especial importancia para o BNG na comarca de Valdeorras, como  a falta de pediatras. ” Non é normal que haxa un só pediatra para toda a área sanitaria, unha área que abarca tamén Viana, Vilariño de Conso e até Rubía” declaraba Secundino

As vías de comunicación terrestre son outro dos eido de traballo que abordará o BNG desde o Parlamento. “Estamos falando dun territorio moi extenso que abarca máis que a propia comarca, con moita poboación e ademais moi dispersa e cunha vías de comunicación terrestre non comparables as de outras zonas do país, que centrarán tamén o traballo do BNG no Parlamento de Galiza”. Desde o ámbito económico e o tema agrario, cunha denominación como a de Valdeorras,   é de especial preocupación para o representante nacionalista no Horreo.

Para rematar o deputado nacionalista fixo referencia a demanda da construción do centro de saúde da Rúa que non se materializou a pesar das reiteradas demandas nacionalistas no parlamento galego. Rematada a rolda de prensa o deputado trasladouse ao concello da Rúa onde visitou os terreos onde estaba proxectada a construción do centro de saúde.