O Club Aehde traerá ao trece veces campión do mundo Luca Lucaroni a un curso de tecnificación

O Club Aehde de patinaxe traerá esta fin de semana, venres, sábado e domingo, un curso de tecnificación de patinaxe artística. Serán tres sesións nas que contarán cun mestre de altura, o coach internacional e trece veces campión do mundo, Luca Lucaroni. Haberá grupos reducidos por niveis con preparación física, interpretación e expresión corporal e flexibilidade.

A concelleira de deportes deu as grazas ao clube polo traballo e por apostar polo deporte. Están acadando grandes éxitos con esforzo e dedicación e dende o concello amosaron o seu apoio para seguir levando a cabo eventos coma este.

AVANTAR ACTIVIDADES