Comunicado da Anpa do Conservatorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Aasemblea consello escolar 9-04-24

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estiveron presentes tódolos membros agás a concelleira de Educación e a representante dos traballadores do concello.

O concelleiro de seguridade acudiu para informarnos  a tódolos representantes da comunidade educativa  as características dos traballos que se realizarán no verán encamiñadas  a solucionar  a eliminación e barreira de entrada do gas radón no interior do centro. A dirección facultativa do proxecto expedirá un certificado final de obra que acredite que os niveis de concentración de gas radón cumpren a normativa vixente (300 bq/m3).

Varios membros da asamblea manifestaron que ademais de realizar una cámara de ventilación “Caviti” na solera se debería incorporar arquetas de despresurización (succión do gas  mediante conductos impulsadas por a bombas  a cuberta do edificio)

De tódolos xeito  ás  características das obras a realizar que decida o Concello , a representación de Pais/Nais solicitou que a empresa que vai realizar as medicións para acreditar a validez e eficacia das obras sexa independente e non estea vinculada á empresa que vai realizar as obras

O mais importante será a expedición do  certificado final de obra e o informe de medición da empresa externa que se incorporaran  ao documento de protocolo preventivo de Gas Radon que formará parte do plan de autoprotección do centro. O protocolo preventivo deberá detallar tamén as actuacións de vixilancia e medicións que se realizarán cada ano para demostrar a ausencia de gas no centro en cada anualidade /curso

Tamén se destacou  o carácter provisional e excepcional  da Ventilación natural 24h  xa que non se debe repetir  “ a aireación total do centro” por varias razóns: imcumplese as normas de eficiencia enerxetica e de confort térmico  para os usarios. Os alumnos e profesores non están cómodos nas aulas coas aireadas e  co trasteo de portas e xanelas , Ademais a humedade ambiental  interior atópase a uns niveis moi altos afectando principalmente a instrumetación de percusión e pianos. Reprentantes da comunidade educativa  solicitaron deshumidificadores para correxir a humidade ambiental interior.

O plan de autoprotección con todos os seus anexos e certificados de tódalas instalacións do centro (gas radón, plan de prevención de riscos, electricidade, climatización e protección contra incendios) expedido polas distintas empresas especializadas e/ou OCAS deberá estar vixente para o inicio do  vindeiro curso escolar.

Vartios membros das diferentes representacións  manifestaron  a importancia de que se cumpra e se acredite que os niveis de concentración son admisibles dende o inicio do vindeiro curso.

A representación de PAis/Nais  de novo lamentan O concelleiro non informar do contido do  informe do Laboratorio de Gas Galicia realizado en 2022 dónde se reflexan as medicións das diferentes aulas e dictamen de medidas correctora e recomendacións preventivas. O concelleiro tampouco ofreceu apoio técnico nin ofreceu a supervisión nin o servizo de asesoramento da empresa de prevención de riscos do concello, polo que o control da contaminación durante o último trimestre  do curso seguirá sendo xestionado polo profesorado do centro que utilizará a ventilación natural as 24 horas como única ferramenta preventiva coas xanelas  abertas día e noite, acadando niveis de concentración admisibles. Polo momento, o profesorado só dispón dun medidor para vixiar e controlar 9 aulas, tres despachos e a sala de profesores.

. Por outra banda, a representación dos pais solicitou corrixir ou retirar a saída de extracción de aire que coincide exactamente coa porta de entrada principal , pola que pasan todos os usuarios do centro diariamente,  e onde existe a  única porta de acceso, que tamén está aberta para a ventilación do centro. A saída da extracción  tamén está cerca da xanela da aula 5 onde recibe o chorro da extración. (a extracción existente só estan para as salas interiores que non teñen xanelas na que non é posible a ventilación natural).O concelleiro comprometeuse  a levar a cabo a retirada conducto de extracción desta zona que recibe o aire contaminado do interior xusto na zona clave de ventilación e tráfico xeral do centro e zona clave de ventilación da aula 5.Tódolos  usuarios que entran no centro  reciben todo o chorro de aire contaminado  pola súa cara. Ademais  o ruído que  é producido polo propio escapee a extracción resulta molesto para actividade do conservatorio. Enviaran un técnico para que revise a instalación e recoloque a saída de extracción a  un punto neutro ou  alto do edificio apartado da zona pública.

A representación de pais solicitou a incorporación dun medidor continuo en cada aula, establecendo un rexistro tabular de medicións diarias e datos a disposicióne información  de tódala comunidade educativa. Esta medida foi rexeitada pola presidente da asemblea sen opción de voto por todos os membros, afirmando que a contaminación estaba controlada.

Finalmente a asemblea rematou sen opción a debater os diferentes puntos propostos pola ANPA, aínda que a representación dos pais antes de marchar insistiu na importancia de incorporar máis medidores  e, dalgún xeito, informar diariamente dos rexistros. Finalmente, chegouse a un consenso para incorporar tres medidores  para o centro. A Anpa ofreceuse a financiar a compra dun dos medidores  xa que a presidenta da asemblea insiste en que o centro ten outras prioridades de investimento.

Ante a ausencia da concelleira de educación na asemblea e dado que  non se puido debater outros puntos que non sexa o problema do gas radón, solicítouse aos responsables do centro que respondan por escrito aos 10 puntos presentados pola Anpa  primando e priorizando a resolución da  oferta educativa para o curso 2024-2025.