O Cine Club proxecta este venres o filme “La jauría”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 12 de abril o Cine Club proxecta no Auditorio Manuel María do Carballiño a primeira película do director colombiano Andrés Ramírez Pulido, La jauría, deslumbrante debut trala cámara que mereceu o Premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes, sendo tamén  nominada como mellor película Iberoamericana nos premios Goya.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha fonda reflexión sobre a condición humana e o impacto do ambiente na mesma. Mistura de drama e suspense rodada cunha sorprendente mestría. Os pases serán os habituais en sesións de 20:00 e 22:30 horas.