I xornadas sobre o futuro da vitivinicultura galega.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Otero Pedrayo (1979, 81) di que “toda Galicia, a suas familias fidalgas, os vellos mosteiros repletos de historia, os frades mendicantes, os hospitais … quixeron ter un anaco de terra …no  Ribeiro ourensá e sobre todo pola zona dos viños do Avia”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estas xornadas pretenden establecer un marco de pensamento e dialogo co sector do viño acerca do futuro na vitivinicultura galega. Nel participaran diferentes sectores do viño, dende o viticultor ata o fabricante de rollas, pasando polo enólogo e o historiador.

DATAS: 20 – 27 de ABRIL / 19-26 de OUTUBRO

ACTIVIDADES: Ponencias, exposicións e mesas redondas

DURACIÓN: 4 XORNADAS

NOTA DE PRENSA

Co fin de fomentar e potenciar a vitivinicultura, zonificar e clasificar o viñedo, e recuperar a historia e tradición dos grandes viños en Galicia, a asociación de colleiteiros do Ribeiro e de Vitivinicultura Artesanal de Galicia en colaboración do Museo do Viño de Galicia particiapa nas XORNADAS “FALEMOS DO FUTURO DA VITIVINICULTURA” que terán lugar o día 20 e do 27 de Abril no Museo do Viño de Galicia, sito na Reitoral de Sto André de Camporredondo – Ribadavia.

Estas xornadas tratarán sobre diferentes aspectos que teñen que ver co mundo do viño actualmente, que afectan aos viticultores e adegueiros máis pequenos, a sua situación no mercado, os viños con maior proxección, as tendencias no consumo, os viñedos do futuro e a historia e tradición como valor engadido.

A preocupación dos colleiteiros do Ribeiro é que se recuperen os viñedos históricos, as zonas tradicionais e que se clasifique o viñedo pola sua calidade, como se ten feito en Francia, no Priorat ou no Bierzo, semellante proposta a do grupo Orixe, capitaneado polo sumiller Miguel Crunia de Atlantic Sommelier e Fion Scotland (escollido coma un dos sumilleres máis importantes do Reino Unido).

Tendo en conta as tendencias do mercado e a situación do viño en Galicia, para os colleiteiros do Ribeiro é necesaria a potenciación e recuperación dos viñedos cuxa historia, arquitectura e vocación agronómica está contrastada ao longo dos séculos, por iso se fai pé na historia como base fundamentada e documentada onde se establecen os grandes viñedos e viños no mundo. Por tanto estas xornadas tratan de facilitar a todos os operadores do mundo do viño: viticultures, adegueiros, colleiteiros, distribuidores, hosteleiros, sumilleres, etc un espazo de debate e confrontación de ideas para impulsar un tempo novo para o viñedo en Galicia, no que a historia, a arquitectura, a viticultura rexenerativa e os valores da tradición e o esforzó dos viticultores sexan a base na produción de viños de grande calidade, máis saudables, sustentables e cun maior valor engadido.

O futuro do rural en Galicia, pasa polo desenvolvemento e potenciación de moitos pequenos produtores, e no caso das zonas vitivinícolas é fundamental o apoio das administracións aos pequenos proxectos con alto valor engadido e a facer unha vitivinicultura rexenerativa e saúdable, tanto para o consumidor coma para os habitantes do medio onde se desenvolve, fomentando a boa veciñanza, a sostenibilidade e o compromiso co territorio.

Viños diferenciados, viños saudables, viños con proxección internacional, viños con alto valor engadido, viños que falen do territorio.

Nun mundo onde se lle está dando protagonismo as variedades de uva plantadas en calquera lugar, os Colleiteiros do Ribeiro apostamos polo territorio como base fundamental e pola historia e tradición como apoio na proxección das nosas comarcas vitivinícolas,  para que os monovarietais non sexan un moneco en maos dos grandes grupos e operadores obsesionados cunha soa varieade, que sexa pan para hoxe e fame para mañá, cando fique esquecida por outra variedade de moda. Por iso nestas xornadas falaremos dos grandes territorios do mundo, do protagonismo i evolución das denominacións de orixe, da identidade  e non das variedades como base promocional na venda dos viños.

Todo un reto para potenciar a viivinicultura en Galicia e sentar as bases dos vellos e novos proxectos anclados na identidade do territorio.

Nestas xornadas trataranse todos os temas que inciden na vitivinicultura como medio de vida e de relación co medio natural e arquitectónico, pero tamén cos gustos, preferencias e tendencias no mundo do viño.

Nestas xornadas participaran historiadores, arquitectos, sumilleres, distribuidores, importadores, periodistas, divulgadores, enólogos, viticultores, etc.

As xornadas terán lugar no Museo do Viño de Galicia, cun horario de 10 a 14 h A continuación de 16:30 a 20:30 h coa colaboración da Feira do Viño terán lugar unha serie de visitas aos proxectos de vitivinicultura no Ribeiro, a arquitectura histórico e ao recuperación e posta en valor de adegas e viñedos, onde colabouran proxectos coma Adega Viña Meín-Emilio Rojo ou Adega Valdavia.

As xornadas son para todo o mundo, de participación aberta, non é preciso apuntarse previamente, cun aforo limitado a 50 pax e totalmente de balde.